#Claves de la semana

Galicia volve de Madrid con 225 millóns de Montoro

A flexibilización do obxectivos de déficit para as comunidades dalle a Galicia un marxe co que ata agora non contaba


|



O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, volveu satisfeito do Consello de Política Fiscal e Financeira celebrado en Madrid. A flexibilización dos obxectivos do déficit para as comunidades autónomas permite que Galicia obteña un marxe de 225 millóns, tras ser unha das tres comunidades que cumpriron co déficit fixado para 2015 no 0,7% do PIB.


A Xunta dase dúas semanas para determinar cómo usará esta posibilidade que se abre, que considera o resultado "despois de moito esforzo en todos estes anos".


A marxe "significan" 225 millóns, aproximadamente, máximos de débeda. "Pero teremos que considerar se a Comunidade Autónoma debe optar totalmente polo maior nivel de débeda", expuxo a modo de matización o titular de Facenda.


Ademais, dixo que o que lles "interesa" é a "flexibilización" nos próximos anos, non só para este 2016. Valeriano Martínez tamén destacou a situación "consolidada" de Galicia, que permite "recuperar os niveis salariais que tiñan os empregados públicos", por exemplo.


FLEXIBILIZACIÓN


O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, expuxo ás comunidades autónomas no Consello de Política Fiscal e Financeira reducir o déficit público ao 0,5% do PIB o ano que vén, ao 0,3% en 2018 e a cero en 2019.



Desta forma, o Goberno dá un ano máis ás autonomías para alcanzar a estabilidade orzamentaria, mentres que este ano terán unha marxe do 0,7%, que era o previsto xa para o ano pasado, alcanzado por Galicia, Canarias e País Vasco. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE