Un mariñeiro enfróntase a unha multa por izar a bandeira galega
A Capitanía Marítima de Santander abriulle un expediente sancionador, argumentando que o barco levaba a bandeira española izada "incorrectamente"
(foto: machbel.com)
Un mariñeiro coruñés enfróntase a unha multa de ata 120.000 euros por levar unha bandeira galega ondeando na súa embarcación, das mesmas dimensións que a española.
ACapitanía Marítima de Santanderabriulle un expediente sancionador, argumentando que o barcoleva a bandeira española izada "incorrectamente",quedando a carón doutra galega con dimensións superiores ás legalmente establecidas.
Este expediente ten esperado a indignación deComisións Obreiras de Galicia, que entenden que se pretende sancionar a presenza mesma da bandeira galega, xa que o país de procedencia da embarcación "está claramente indicado".
"Non se abre expediente porque o barco teña unha bandeira pirata, senón quese pretende sancionar a presenza mesma da bandeira da comunidade autónoma de orixe do barco". Entenden que non se trata dun problema de identificación, senón de "persecución á insignia de Galicia".
Critican o celo da Capitanía Marítima de Santander para vixiar as dimensións desta bandeira, pedíndolle á Xunta de Galicia que actúe nos ámbitos que corresponda para que o expediente sexa paralizado. Do mesmo xeito, piden que dea os pasos necesarios para que a insignia de Galicia "sexa recoñecida" e non se volvan producir situacións coma esta noutros portos do Estado español.
Escribe tu comentario