A Xunta blinda a actividade mineira na Limia
Tramita unha iniciativa que afectará a unha superficie de máis de 7 millóns de metros cadrados, dos que 4,7 millóns están actualmente sen explotar.
O goberno galego deu o primeiro paso na tramitación dunha iniciativa que “impulsará a actividade das nove industrias mineiras” na comarca da Limia, declarando a supramunicipalidade dun proxecto sectorial para “ordenar e planificar a longo prazo” os traballos nas explotacións areneiras das localidades de Sandiás e Vilar de Santos.
Segundo explicou o presidente galego, esta actuación afectará a unha superficie de máis de 7 millóns de metros cadrados, dos que 4,7 millóns están actualmente sen explotar.
A Xunta sostén que esta nova iniciativa "permitirá planificar unha explotación racional" dos recursos, así como unha restauración progresiva dos terrenos, recuperando parte da lagoa de Antela.
Defende que se axilizarán os procesos unificando as autorizacións administrativas, contribuíndo ao mantemento dos 240 empregos directos e indirectos e ao impulso de novos proxectos.
Escribe tu comentario