Melloran as vendas do pequeno comercio galego
Aumentan un 7'1% as súas vendas neste pasado mes de febreiro con respecto ao mesmo mes de 2015, acumulando ano e medio de incrementos interanuais.
O pequeno comercio galego aumentou un 7'1% as súas vendas neste pasado mes de febreiro con respecto ao mesmo mes de 2015, acumulando ano e medio de incrementos interanuais.
O dato galego está lixeiramente por baixo da media estatal, onde o pequeno comercio aumentou nun 7,4% a súa facturación, conseguindo o maior repunte de toda a serie histórica iniciada no ano 2000. En concreto, Galicia ocupa o décimo lugar de crecemento entre as autonomías.
O aumento de vendas do pequeno comercio parece responder a unha tendencia xeral alcista no consumo. Así, as grandes superficies tamén incrementaron a súa facturación nun 7,5% respecto ao mesmo mes de 2015, en tanto que as grandes cadeas venderon un 9,5% máis, as empresas unilocalizadas un 5,8% máis, e as pequenas cadeas elevaron as súas vendas un 4,5%.
Segundo os datos ofrecidos polo INE, as vendas dos produtos alimenticios subiron un 5,4% interanual en febreiro, mentres que as dos non alimenticios avanzaron un 8,6%. Entre estes últimos, o maior incremento da facturación experimentouno o equipo do fogar (+8,6%), seguido doutros bens (+6%) e do equipo persoal (+5,6%).
Escribe tu comentario