#Claves de la semana

O PP impide de novo o rescate do Cunqueiro, "un gran hospital" de carácter "público"

A oposición pediu unha vez máis o rescate do hospital de Vigo, un "proxecto fallido que só sirve para enriquecer a algunhas empresas


|


A realidade do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo cambia radicalmente según a quen lle preguntemos. Mentres a Xunta do persoal do Chuvi e varias asociacións preparan unha nova marcha reclamando o seu rescate, este mércores a oposición parlamentaria reclamou o mesmo ante un "proxecto fallido que só sirve para enriquecer a algunhas empresas". 


Pero unha vez máis, a iniciativa foi bloqueada pola maioría absoluta do PP, que entende o rescate completamente innecesario xa que considera o Álvaro Cunqueiro como un "gran hospital" de carácter "público".


Nesta ocasión a petición de rescate partiu do PSdeG, que denunciou a través do seu deputado Abel Losada que non existía "ningunha xustificación para recorrer ao sistema de financiamento público-privado", que ademais incluiu a unha concesionaria inicial que "xa non existe como tal". "Eu chámolle pelotazo", chegou a considerar antes de que o presidente da Cámara lle pedise que retirase a expresión.


Dende o BNG apoiaron a proposta dos socialistas, tras denunciar a existencia de "estudos que demostran o aumento da mortalidade como consecuencia de que se entregue a sanidade ás empresas privadas".


AGE, pola súa banda, decidiu absterse tras ver rexeitada unha enmenda que pretendía incorporar varios puntos da súa propia petición de rescate, pese a coincidir en considerar o hospital como "un capricho" de Alberto Núñez Feijóo "que é un fracaso".


UN GRAN HOSPITAL DE CARÁCTER PÚBLICO


Unha vez máis, o rescate do hospital foi bloqueado polo partido popular, que segue considerando o Álvaro Cunquerio como "un gran hospital" de carácter "público".


Nese sentido, o deputado popular Javier Dorado recriminoulle á oposición un debate "reiterativo" que intenta "desbaratar este gran hospital".


Para apoiar as súas palabras, Dorado sacou a colación un comentario do líder de Podemos, Pablo Iglesias, en twitter, que realizou como "paciente" tras ser atendido despois dun cólico no hospital de Arganda del Rey.


O deputado popular asegura que este hospital foi "construido baixo o mesmo sistema de colaboración público-privada" que o Cunqueiro. E Pablo Iglesias "di que é un hospital público", cando según Dorado a única diferencia é que "alí a concesión é de 30 anos e no Álvaro Cunqueiro de 20". 


relacionada Expulsan a Beiras do parlamento tras pedir o "rescate" do Cunqueiro
relacionada El área de Vigo saldrá de nuevo a la calle por la sanidad pública
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE