Pedro Sánchez recoñece que Besteiro "preocupa" no PSOE
Asegura que o seu chamamento xudicial "fai dano" ao partido, e recorda que se deben asumir responsabilidades políticas se se abre xuízo oral
En política as cousas cambian rápidamente, sobre todo cando hai actuacións xudiciais de por medio. Aínda non pasou unha semana dende que Pedro Sánchez apoiara a José Ramón Gómez Besteiro como a persoa axeitada para liderar o "cambio" en Galicia.
Pero trala súa imputación por seis novos delitos na 'Operación Pulpo' a cousa cambia, Pedro Sánchez acaba de recoñecer que a situación de Besteiro "preocupa" no seno do PSOE.
Nunha entrevista concedida a Aragón Televisión, o líder do PSOE recalcou que Besteiro xa renunciou á súa candidatura para a Xunta de Galicia, pero tamén asegurou que o seu chamamento xudicial "fai dano" ao partido.
En todo caso, Sánchez asegurou que os socialistas ten moi claro o seu Código Ético, apuntando que as responsabilidades se deben asumir no caso de que abra xuízo oral. Nese caso, Besteiro veríase abocado a abandonar tamén o seu posto como secretario xeral dos socialistas.
Escribe tu comentario