Os galegos queren que o PSOE pacte co PP
Unha enquisa revela que a meirande parte dos galegos apostaría por unha gran coalición integrada por PP, PSOE e Ciudadanos
A gran coalición é a aposta preferida dos galegos para saír da actual situación de bloqueo, segundo unha enquisa realizada por Sondaxe para La Voz de Galicia.
Segundo os datos desta enquisa, un 40,4% dos galegos optaría por un pacto entre PSOE, PP e Ciudadanos, frente a un 24,4% que preferiría un pacto de esquerdas entre PSOE, Podemos, IU e Compromís. En terceiro lugar estaría a proposta de Pedro Sánchez dun goberno transversal que integrase a PSOE, Podemos e Ciudadanos, unha opción que só apoian un 13% dos cidadáns enquisados.
En todo caso, o que parece claro segundo os datos desta enquisa é que os galegos preferirían que se desbloquease a situación e non se tivesen que repetir as eleccións. Un 59,8% dos enquisados preferirían que se formase Goberno mediante algún tipo de pacto.
Escribe tu comentario