# Claves de la semana

As cidades galegas, líderes en pisos baleiros

O proxecto europeo Urban Audit sitúa a 5 das 7 cidades galegas entre as que presentan máis pisos baleiros de toda España


De entre todos os indicadores nos que poderían destacar, as cidades galegas recibiron o dubidoso honor de estar á cabeza de España no tocante a pisos baleiros, segundo recolle o proxecto europeo Urban Audit, que analiza diferentes indicadores socioeconómicos en máis de 900 cidades da Unión Europea.


En concreto, 5 das 7 principais cidades galegas aparecen na parte alta da táboa comparativa, que presenta datos de 2011 (os últimos dispoñibles). Trala primeira posición, ocupada pola catalana Manresa, aparecen Ourense e Lugo ocupando os restantes postos do podio, cun 21.71 e un 20,75% de vivendas baleiras respectivamente. Seguíndoas de cerca está Ferrol, que ocupa a cuarta posición cun 19,78%. 


Hai que baixar un pouco máis na táboa, pero non demasiado, para atopar a Pontevedra, que ocupa o 11º posto cun 17,41% de pisos baleiros e Santiago, no 14º lugar cun nada desdeñable 16,93%. 


Un pouco mellor paradas salen as dúas maiores cidades de Galicia. A Coruña sitúase no posto 29º cun 14,24% e Vigo no 44º cun 12,95%. Aínda así, ambas están na metade superior dunha táboa que inclúe máis de 100 cidades españolas. 


O que non indica este estudio, é que porcentaxe destas vivendas pertencen a particulares e cantas a entidades de aforro. Recentemente a Xunta presentou un programa polo que prepara un censo de todas as vivendas baleiras que teñen as entidades de aforro en propiedade. 


relacionada A Xunta obrigará aos bancos a rexistrar as súas vivendas baleiras
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
Mis preferencias