A Xunta quere levar a auga a máis núcleos de poboación
Anuncia un investimento de 90 millóns de euros en abastecemento e saneamento, co obxectivo de levar a auga a todos os núcleos de poboación con máis de 50 habitantes
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este venres o plan de investimentos do goberno autonómico en materia de abastecemento e saneamento. Adicaranse 90 millóns de euros, destinados en gran medida a camiñar cara o obxectivo de levar a auga a todos os núcleos de poboación con máis de 50 habitantes, ademais de "seguir" co saneamento das rías e ríos.
Feijóo aproveitou a inauguración da deputadora de Ames-Brión para anunciar o seu compromiso de intentar que "chegue o abastecemento a todos os núcleos que superen os 50 habitantes". Asegura que se realizarán 36 obras de saneamento, 17 de abastecemento e outras dúas contra as inundacións (como contempla o plan hidrolóxico Galicia-Costa).
O "firme compromiso" co saneamento e a depuración das augas da Xunta que reivindicou Feijóo, foi cifrado por parte do mandatario autonómico en 1.000 millóns de euros de investimento desde 2009.
Así, esta contía permitiu realizar 350 actuacións en 163 concellos, máis da metade dos que conta Galicia. Do investimento, o 75 por cento foi a estacións de depuración, mentres que o resto a saneamento.
Escribe tu comentario