#Claves de la semana

O prezo do leite non é o principal motivo de peche para as explotacións, segundo a Xunta

A Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, achaca os peches ás "fusións" das granxas de menor tamaño e á falta de relevo xeracional


|


Para a Xunta o prezo do leite non é o motivo principal que levou a pechar máis de 400 explotacións en Galicia a pechar durante o ano 2015. A Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, achaca os peches ás "fusións" das granxas de menor tamaño e á falta de "substitución xeracional". 


No parlamento galego Vázquez recoñeceu que nos últimos oito anos se perderon máis da metade das granxas que producían menos de 100.000 quilos de leite. Pero asegura que aumentaron as granxas de gran produción: segundo os seus datos, as que producen máis de 700.000 quilos aumentaron nun 205%, mentres que as que producen entre 400.000 e 700.000 quilos incrementáronse nun 54%. 


Estes datos levan á conselleira a asegurar que Galicia "está a reestruturarse", considerando que a fusión de explotacións repercute na "calidade de vida" dos gandeiros. 


Esta foi a resposta para unha pregunta parlamentaria de AGE, na que Antón Sánchez denunciou unha perda de 25.000 empregos no agro durante o goberno de Feijóo, pasando de 71.600 traballadores a uns 45.000.


Unha problemática que o deputado de AGE definiu como unha "reconversión silenciosa", na que o 70% das granxas pechadas en España son galegas, mentres os gandeiros da Comunidade seguen como os que menos cobran polo seu leite no Estado.



relacionada Algunhas industrias queren baixar aínda máis o prezo do leite
relacionada Algo está fallando co prezo do leite
relacionada O leite págase peor en Galicia que no resto de España
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE