#Claves de la semana

Algo está fallando co prezo do leite

A Xunta reclama un control "férreo" dos mercados en Bruselas, AGE pide un acordo con medidas "urxentes" dende Galicia


|


A venta de leite por debaixo dos custes de produción non é ningunha novidade. De pouco serviron as manifestacións, tractoradas, compromisos e medidas políticas adoptadas ata agora. A crise dos gandeiros galegos non dá respiro e cada día son máis as explotacións que se ven obrigadas a botar o peche.


Este luns a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu ante mandatarios da Unión Europea en Bruselas a necesidade de subir os prezos e controlar de forma "férrea" os mercados para que sexa imposible vender con perdas. Neste senso, admitiu que "algo está fallando", dado que o paquete de medidas posto en marcha por Europa en setembro do ano pasado "non está funcionando" e o mercado está "estrangulando" ao sector. 


A conselleira trasladaralle á ministra de agricultura, Isabel García Tejerina, a necesidade de defender unha subida de prezos "fundamental" no Consello de ministros de Agricultura da UE en marzo. Pero a postura española non será fácil de defender. No pasado mes de setembro España xa pediu algo parecido co apoio de Italia, Portugal e Francia, pero a UE rexeitou regular o mercado considerando que "perxudicaría á competitividade". 


Por iso parece difícil confiar en que a solución chegue dende Europa. Dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo reuníronse esta maña coa Alternativa Galega de Esquerda, trasladándolles segundo o voceiro de AGE, Antón Sánchez, a "situación de extrema gravidade" na que se atopan os gandeiros, que non poden agardar moito máis por unha solución. 


Antón Sánchez denunciou que non se estaban a respetar acordos fundamentais como a indicación da orixe do producto e a transparentación da cadea productiva: "non se sabe canto paga a distribución e canto paga a industria". Acusa á Xunta de fallar na súa tarefa de "vixiar as prácticas fraudulentas" por parte da industria e reclaman un acordo con medidas "moi urxentes, moi concretas", que esperan poder abordar no pleno parlamentario desta semana. 



relacionada O leite págase peor en Galicia que no resto de España
relacionada Os gandeiros galegos, pendentes de Bruselas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE