Algunhas industrias queren baixar aínda máis o prezo do leite
O secretario de Unións Agrarias, Roberto García, acaba de denuncia as propostas de algunhas industrias para rebaixar "en máis dun 30% o prezo da leite", chegando a utilizar ameazas de "non recollida"
O prezo que cobran os gandeiros galegos polo leite é o máis baixo de España, de feito a miúdo non chega para cubrir os custes de produción e provoca que cada día pechen explotacións leiteiras na nosa comunidade. Pero a algúns aínda lle parece demasiado.
O secretario de Unións Agrarias, Roberto García, acaba de denuncia as propostas de algunhas industrias para rebaixar "en máis dun 30% o prezo da leite", chegando a utilizar ameazas de "non recollida" como elemento persuasivo para que os gandeiros acepten as baixadas de prezo.
Ademais, García tamén revelou que ten "constancia" de facturas de Leite Río "con descontos totalmente arbitrarios que non ten soporte documental". "No contrato figuran unhas cantidades e logo, discrecionalmente, fai descontos moi por enriba do que aparece no contrato e por tanto de forma ilegal", acusou.
Escribe tu comentario