Vigo intenta eliminar o escollo do transporte na Área Metropolitana
Abel Caballero propuxo unha comisión que coordine o transporte interurbano e o transporte urbano de Vigo
O transporte é o último escollo de importancia na creación da Área Metropolitana de Vigo. Por iso foi o tema principal na reunión que mantivo onte o alcalde de Vigo, Abel Caballero, con outros 15 rexedores de todos os colores políticos.
Caballero propuxo que sexa a propia Área Metropolitana a que cree o seu propio plan de transporte unha vez constituida. Tamén propuxo que se forme un comité para coordinar o transporte interurbano co transporte urbano de Vigo, intentando establecer líneas, prezos e frecuencias que se complementen entre sí.
En xeral, a proposta foi recibido con bos ollos polo resto dos alcaldes presentes. Aínda así, os rexedores populares recordaron que tamén haberá que escoitar á Xunta. Precisamente este mércores celebrarase un encontro co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que podería resultar decisivo na posta en marcha do organismo supramunicipal.
Polo de agora, mantense o espírito de acordo entre os 16 alcaldes que estiveron presentes na reunión de onte: Tui, O Porriño, Fornelos de Montes, Gondomar, Nigrán, Cangas, Salceda de Caselas, Vilaboa, Baiona, A Cañiza, Pazos de Borbén, Mos, Mondariz, Redondela e Soutomaior.
Escribe tu comentario