Carlos Negreira renuncia como concelleiro e presidente do PP da Coruña
Negreira comunicou a súa decisión na xunta directiva do PP da Coruña, na que estaba presente o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo.
Carlos Negreira, exalcalde da Coruña e presidente do Partido Popular na provincia da Coruña decidiu renunciar á súa acta de concelleiro e non optar á reelección como líder dos populares coruñeses.
Negreira comunicou a súa decisión na xunta directiva do PP da Coruña, na que estaba presente o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo.
Negreira foi deputado autonómico e presidente de organismos como Portos de Galicia, compaxinou a súa actividade á fronte da presidencia provincial coa de alcalde da Coruña, tras a súa elección en 2011.
Ata 2015 estivo á fronte do Consistorio coruñés ata que, nas pasadas eleccións municipais, a Marea Atlántica accedeu ao goberno local, co apoio, na investidura, dos socialistas. Desde entón, exerceu de deputado provincial e tamén de portavoz municipal no Consistorio coruñés.
Antes, no ano 2014 estivo a piques de verse implicado na Operación Pokemon, cando o Servizo de Vixilancia Aduaneira lle propuxo á xuíza Pilar de Lara a súa imputación por un suposto delito de tráfico de influencias. Pero a maxistrada non chegou a atender esta recomendación, naquel momento limitouse a solicitarlle a facenda os datos fiscais do alcalde.
Escribe tu comentario