O Tribunal Supremo endurece a condena contra o capitán do Prestige
O Tribunal Supremo condena a Apostolos Mangouras a dous anos de cárcere por un delito medioambiental, abrindo a porta ao pago de indemnizacións de máis de 4.300 millóns de euros
O Tribunal Supremo dictou este martes a sentenza definitiva do caso Prestige, endurecendo considerablemente a que
emitira a Audiencia Provincial de A Coruña en 2013.
Ata agora, o capitán do Prestige tan só tiña atribuido un delito de desobediencia grave. Pero esta nova sentenza condena a Apostolos Mangouras a dous anos de prisión por un delito medioambiental, abrindo a porta ao cobro de multas pola marea negra.
O revocación do Supremo establece a responsabilidade civil do propietario do barco e da súa aseguradora, que poderían ter que facer fronte a unha factura de máis de 4.300 millóns de euros polos danos que causaron no litoral galego.
O que sí mantivo o tribunal foi a absolución do exdirector da mariña mercante, José Luis López-Sors e dos mariñeiros que acompañaban a Mangouras.
Escribe tu comentario