Lactalis comprométese cos gandeiros ante as ameazas de boicot
Comprométense a compartir a subida de dous céntimos por litro a partir de abril, algo que non satisface de todo aos gandeiros
O Grupo Lactalis cede ante as ameazas de boicot dos productores leiteiros, asegurando que "compartirá" con eles a subida de dous céntimos por litro que pactaron coas empresas distribuidoras durante o pasado mes de decembro.
A través dun comunicado, Lactalis respondeu á ameaza de boicot dos gandeiros asegurando que ten "total determinación" para cumprir "coa normativa aplicable e cos compromisos asumidos".
Aínda así, os productores leiteiros non están totalmente satisfeitos. Óscar Pouse, un dos voceiros da plataforma en defensa do sector lácteo denunciou que Lactalis "non vai pagar ata abril".
Por iso planean seguir adiante co boicot ás marcas de Lactalis, mentres a empresa non lles comunique "canto van pagar" e "cando van pagar" a subida, xa que segundo denuncian os gandeiros eles "xa cobraron" por parte da distribución.
Pídenlle que cambien de postura e lles comuniquen unha subida "inmediata" no canto de en abril- De non recibir este comunicado, anuncian que manterán "unha pequena concentración" diante da fábrica da compañia en sinal de protesta o vindeiro venres 29 de xaneiro.
Escribe tu comentario