"Non sei se outros poden negar tan clariño a súa relación coa Patos" Abel Caballero
O alcalde de Vigo, afirma e puntualiza, na primeira aparición pública tras a súa imputación, "que non recibiu ningún agasallo de Eiriña e que a conduta dos concelleiros Ángel Rivas e David Regades, non lhe compete a el xuzgalos"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE), preguntouse este sábado se "outros" imputados como el na causa xudicial relacionada coa operación Patos, "doutras administracións", poden dicir "clariño como a auga" que non teñen que ver "nada de nada de nada" coa trama corrupta investigada.
Na súa primeira aparición pública tras a súa imputación nunha causa que investiga supostas irregularidades en contratacións públicas de varias administracións de Galicia, Caballero reiterou o que vén defendendo os últimos días, que non recibiu ningún agasallo da construtora Eiriña, sinalada como epicentro da trama.
O recentemente elixido presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) subliñou que a propia Policía "lle di ao fiscal" no informe que consta no sumario que a pluma estilográfica que supostamente recibiu foi devolta á tenda pola empresa (Eiriña) que lla pretendía regalar.
REGADES E RIVAS.
"Sábeo todo o mundo: o meu, clariño e nada de nada de nada. Por certo, non sei se outros, doutras administracións, poden dicir o mesmo, pero non entro niso", repetiu
A xuíza de instrución 7 de Vigo, Carmen García Campos, comunicou este venres senllos autos nos que imputa na causa pola operación Patos a Caballero e a tres dos seus edís, e ao expresidente da Deputación de Pontevedra e xefe do PP provincial, Rafael Louzán.
Tamén figuran na lista de 46 novos imputados, á parte das cinco persoas que no seu día foron detidas e postas en liberdade con cargos, o exvicepresidente da Deputación de Pontevedra e líder do PP de Vigo, José Manuel Figueroa, e a delegada da Xunta nesta cidade, María José Bravo Bosch.
A xuíza instrutora, que se inhibiu en favor dos xulgados decanos de Ourense, Santiago, Pontevedra e Ponteareas naquela parte da investigación relacionada con estas cidades, requirirá nova documentación na investigación da peza principal, que segue asumindo.
Polo momento non hai data para a toma de declaracións dos imputados, entre os que hai, á parte de políticos, técnicos de diversas administracións e empresarios.
A Operación Patos estalou en febreiro de 2014 cando a Policía detivo a cinco persoas, un exconcejal de Nigrán (Pontevedra) e administradores e empregados das empresas Cespa e Eiriña; e practicou rexistros nas corporacións de Vigo, Nigrán, Santiago, Pontevedra, Ponteareas e Ourense.
Tamén houbo rexistros na delegación da Xunta en Vigo, en dependencias da Zona Franca, o Consorcio do Casco Vello e o porto, e na Deputación de Pontevedra.
(Fonte: Axencias e Galiciaé)
Escribe tu comentario