Miles de gandeiros galegos maniféstanse en Santiago para esixir unha solución definitiva
Manifestación dos gandeiros, hoxe, polas rúas de Santiago
Miles de gandeiros maniféstanse desde pasadas as 12,30 horas deste xoves desde a Alameda de Santiago até a Xunta de Galicia para esixir unha “solución definitiva” para os prezos do leite, que consideran inxustos.
No mesmo día en que en Madrid hai unha reunión intersectorial láctea para buscar un acordo de prezos sustentables, miles de gandeiros galegos marchan en Santiago baixo o lema ‘Nin un paso atrás na defensa dos gandeiros galegos’, con tres vacas leiteiras encabezando a protesta.
En declaracións aos medios, os membros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, Anxo Escariz e Javier Iglesias, advertiron de que se este xoves non se chega a un acordo en Madrid haberá “un endurecemento” das mobilizacións e irán pola distribución con bloqueos en Mercadona e a planta loxística de Gadis en Betanzos. A isto, seguirán outras medidas de presión contra a industria.
A protesta recibiu o aplauso de diversos cidadáns ao seu paso polas rúas de Compostela, na cal participan diversos membros de partidos políticos e forzas sociais de Galicia.
Escribe tu comentario