#Claves de la semana
SINIESTRALIDADE LABORAL EN GALICIA

Galicia, duplicando a media estatal, á cabeza en sinistralidade laboral

UXT denuncia que no primeiro semestre do ano, 29 persoas faleceron mentres desempeñaban o seu traballo.



|

Galicia é a comunidade de toda España onde se producen máis accidentes laborais con resultado de morte, cunha media que duplica a nacional. 


Segundo denunciou UXT Galicia nun comunicado, no primeiro semestre do ano, 29 persoas faleceron mentres desempeñaban o seu traballo, polo que o sindicato esixiu "políticas públicas eficaces" para frear un "problema de orde social", que non só causa mortes senón que deixa persoas "lesionadas para sempre".

Destes falecementos, 14 producíronse na provincia da Coruña, sete en Pontevedra, tres en Lugo e cinco en Ourense que, ademais, é a rexión de toda España que maior índice de sinistralidade mortal presenta, case cinco veces máis que a media nacional.

En Galicia prodúcense unha media de 250 accidentes laborais ao mes, dos que un 0,5% son mortais. En Ourense, este dato elévase ata o 1,2%, mentres que na Coruña é do 0,6%, 0,4% en Lugo e, para rematar, a porcentaxe descende ata o 0,2 na provincia de Pontevedra.


29% MÁIS DE ACCIDENTES QUE EN 2014. En total, desde xaneiro ata xuño, Galicia rexistrou 12.214 sinistros laborais, dos que 168 foron de carácter grave. A comparación cos datos do mesmo período de 2014 arroxa que o número de accidentes creceu un 9,74% en 2015.

Máis dunha cuarta parte deses accidentes prodúcense nas provincias da Coruña e Pontevedra e os sectores que máis incidentes concentran son os servizos e o industrial.  

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE