#Claves de la semana
NA REUNIÓN DE FEIJÓO E LORES

Principio de acordo para desbloquear a débeda que o Concello Pontevedra debe a Sogama

Liman diferenzas entre as institucións, pero o rexedor pontevedrés advirte de que vai comprobar se se confirma unha nova relación


|


55b65b26d22015072711.32.02 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, abordaron este luns a débeda que ten o Concello coa empresa pública Sogama, ao respecto do cal alcanzaron un principio de acordo para desbloquear a situación que agora terán que "concretar exactamente" coa sociedade que trata os residuos.

"O Concello de Pontrevedra está de acordo en pagar o principal", resumiu Lores.


Entre os aspectos que terán que concretar que cantidade aboará o concello en intereses. "En todo caso, espero e desexo que sexa a reunión definitiva para poñer ao día as contas de Sogama no Concello de Pontevedra", dixo o presidente da Xunta.


Despois da súa entrevista de máis de dúas horas en San Caetano ambos os dous mandatarios manifestaron a súa intención de mellorar as relacións entre ambas as dúas institucións. En todo caso, precisou Feijóo, "non teñen unha cuestión política detrás", senón que obedecen a "criterios ou percepcións diferentes" entre unha óptica autonómica e municipal aínda que Lores insistiu na "patente falta de colaboración e entendemento" por parte do Executivo galego.

"Eu voume relativamente contento", afirmou o alcalde de Pontevedra.


EDIFICIO XULGADOS

Entre outros asuntos, ambos os dous tamén abordaron infraestruturas, saneamento ou turismo no marco do Camiño portugués. O titular do Executivo galego tamén se referiu á licitación "nas próximas semanas" do novo edificio xudicial de Pontevedra e á intención de atender a petición do concello para construír a variante de Alba.


O alcalde tamén pediu que a antiga sede da Xunta na rúa Benito Corbal, que agora non se usa, sexa cedida para crear un "viveiro de empresas" dependente do campus de Pontevedra, ao que Feijóo quedou en dar unha resposta nos próximos tres meses.


COMPROMISOS DA XUNTA


"Dende 2009 levamos traballando neste ámbito e, máis da metade das prazas públicas, para persoas maiores que existen en Pontevedra foron creadas pola Xunta; desbloqueamos o remate das obras do centro de día de Alzhéimer e adaptouse a residencia de maiores de Campolongo", destacou.


Feijóo garantiu o compromiso de seguir traballando no ámbito de saneamento, aínda que non se abordou con Lores o futuro da fábrica de ENCE, a licenza da cal nos terreos de Lourizán está a punto de finalizar.

O presidente da Xunta tamén comunicou que a Administración autonómica explorará o "interese do concello de organizar o transporte", xa que se trata dunha cidade que non ten este servizo público en sentido escricto.

Así mesmo, avanzou que, de forma "inmediata", en próximas semanas, se licitarán, por 20 millóns de euros, as obras do novo edificio xudicial, "unha vez solucionados os atrancos" do chan, e no prazo de tres meses dará unha resposta sobre a posibilidade dalgunha actuación no edificio que era a delegación da Xunta en Pontevedra, na rúa Benito Corbal.

No ámbito turístico, ambos os dous dirixentes mostraron interese en mellorar a comunicación do Camiño Portugués e acordaron facer unha actuación conxunto a beiras do río Gafos. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE