#Claves de la semana
SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta e Abanca acordan impedir os desaloxos por falta de pagamento de hipoteca ou aluguer

As persoas que non poidan afrontar a súa hipoteca coa entidade non abandonarán a vivenda habitual, senón que en función da súa renda e das súas cargas familiares pagarán un aluguer social de 75 euros como máximo, que pode ser ata gratuíto


|

Ethel Vázquez, Alberto Núñez Feijóo,(Xunta de Galicia) Juan Escotet, e Francisco Botas (Abanca) 


A Xunta de Galicia e a entidade financeira Abanca asinaron un convenio de colaboración en Santiago polo que se comprometen a impedir os desaloxos da vivenda habitual en caso de falta de pagamento da hipoteca ou do aluguer a familias necesitadas.



Mediante este acordo, que se inscribe no Plan Social de Loita contra a Desigualdade, posto en marcha polo Goberno galego, as persoas que non poidan afrontar a súa hipoteca con Abanca non abandonarán a vivenda habitual, senón que en función da súa renda e das súas cargas familiares pagarán un aluguer social de 75 euros como máximo, que pode ser ata gratuíto.


Será a Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, a que colabore coas familias para axudalas a pagar a renda, en caso de cumprir as condicións.


Mediante o convenio, Abanca comprométese a ceder a Galicia, ademais, ata 100 vivendas baleiras para familias en situación de dificultade económica que non poidan facer fronte aos seus pagos de hipoteca ou aluguer.


Os adxudicatarios destas vivendas abonarán un máximo de 125 euros, en función da renda e das cargas familiares, para o que tamén obterán axudas da Administración.


O acordo foi asinado polo conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, e a titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nun acto presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo e o vicepresidente da entidade financeira, Juan Carlos Escotet.


Núñez Feijóo anunciou que ás cincuenta vivendas que Galicia dispón da Sareb, ás que agora se lle unen outras cen cedidas por Abanca, sumaranse máis nos próximos días, tras a firma de convenios similares ao de hoxe con outras entidades financeiras que operan na Comunidade.


"É un acordo que marca o inicio dun camiño ambicioso; conseguir que en Galicia non haxa ningunha familia desaloxada por falta de pagamento de hipoteca nin por falta de pagamento de aluguer", proclamou o presidente galego.


O xefe do Executivo autonómico explicou que aínda hai sectores afastados do inicio da recuperación económica, polo que "deben ser destinatarios do primeiro osíxeno".


Recordou distintas medidas postas en marcha pola Xunta en materia de vivenda e sinalou que proximamente se porá tamén en marcha o censo de vivendas baleiras, creado por decreto, para polas a disposición das necesidades sociais.

Tamén agradeceu a Abanca a rapidez coa que se puido asinar o convenio, apenas tres semanas logo da reunión mantida entre el mesmo e Juan Carlos Escotet.


O vicepresidente da entidade financeira asegurou que este acordo será "unha valiosa ferramenta para axudar a numerosas familias galegas" en situación de dificultade e defendeu que Abanca é unha entidade "sensible" aos problemas da súa contorna, "especialmente cos casos de raíz económica e os seus efectos sobre a vivenda".


"De feito -continuou-, é algo que moitas veces queda oculto-, as entidades financeiras somos as primeiras interesadas en evitar situacións deste tipo. En primeiro lugar, porque non somos indiferentes ao drama social que supoñen e, en segundo, porque neses casos vémonos distanciados da nosa actividade natural, o financiamento, e a obrigación de xestionar un tipo de activo, o inmoble que, en principio, énos alleo".


Na súa intervención afirmou que xa nos últimos meses a entidade tomou medidas para reforzar a protección dos debedor hipotecarios en situación de especial vulnerabilidade e flexibilizou os criterios para aplicar ás debedores medidas de reestruturación dos seus pagos.


Tamén recordou outras medidas, como a achega ao fondo social de vivendas estatal de 200 inmobles en toda España para acoller, en réxime de aluguer social, a persoas no limiar da exclusión.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE