Besteiro e Orozco son imputados polo caso do Garañón
O secretario do PSOE galego e o anterior alcalde de Lugo declararán o 30 de xullo, investigados por delitos como prevaricación, tráfico de influencias e contra a ordenación do territorio. Ao líder socialista tamén se lle atribúe suborno
A titular do xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara, chamou a declarar como imputados no coñecido como caso Garañón ao secretario xeral do PSDEG, José Ramón Gómez Besteiro, e ao anterior alcalde de Lugo, José López Orozco. Ambos foron citados para o próximo día 30 de xullo, dous días despois de que declaren tamén como imputados dous técnicos municipais.
A xuíza investiga posibles delitos contra a ordenación do territorio na concesión de licenzas para urbanizar a leira situada xunto ao parque Rosalía de Castro.
Gómez Besteiro era naquel momento (decembro de 2005) concelleiro de urbanismo de Lugo, no goberno que presidía José López Orozco.
Segundo especificaron fontes do Tribunal Superior de Galicia, a Gómez Besteiro impútanselle delitos de suborno, tráfico de influencias, prevaricación e contra a ordenación do territorio. A López Orozco atribúenselle os mesmos delitos, excepto o de suborno.
No auto ao que os medios informativos han tido acceso, a xuíza instrutora establece unha posible relación entre a compra do pison on de ten a vivenda en Lugo o Secretario Xeral dos socialistas galegos e o convenio urbanístico que facilitou a ordenación da leira do Garañón. O piso, na Avenida de Ramón Ferreiro, foi escriturado o 31 de maio de 2005. Era propiedade de Construcciones J. A. Díaz, tamén dona da leira do Garañón.
O convenio urbanístico para as torres, paralizadas pola mesma xuíza dende 2010, recibiu luz verde o sábado 31 de decembro de 2005.
Escribe tu comentario