O director xeral de Relacións exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa dende onte no 114º pleno do Comité das Rexións (CdR) na capital comunitaria onde hoxe se aprobou por unanimidade o ditame sobre o futuro da acuicultura europea do que é relator. Esta sesión plenaria coincide ademais coa celebración da Semana Europea das Rexións e as Cidades - Open Days 2015, que conta coa participación galega en dous seminarios sobre desafíos demográficos e integración rural e urbana.