#Claves de la semana

Ópera clásica, zarzuela e pop contemporáneo na Gala Lírica que se celebra este sábado no Teatro Afundación de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este xoves aos cidadáns a asistir o sábado, día 11 de xaneiro, á Gala Lírica 2025, que organiza o Concello en colaboración co Centro Veciñal e Cultural de Valladares e coa Unión Musical de Valladares.

|

Presentación da Gala Lírica 2025.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este xoves aos cidadáns a asistir o sábado, día 11 de xaneiro, á Gala Lírica 2025, que organiza o Concello en colaboración co Centro Veciñal e Cultural de Valladares e coa Unión Musical de Valladares.

Será o Teatro Afundación o que acollerá a partir das 20.00 horas esta cita, que inclúe a interpretación de máis dunha decena de pezas de ópera clásica, zarzuela, cinema e cancións pop contemporáneas.

En concreto, a Coral Polifónica do C.V.C. de Valladares e o grupo de cámara da Unión Musical de Valladares actuarán xunto ás soprano Indra Sesti Dei Lucca e Teresa Iglesias Ramilo.

Caballero puxo en valor que a entrada será gratuíta até completar aforamento, indicando que a gala se converteu nunha cita cultura "da maior relevancia" para a cidade.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE