#Claves de la semana

​Cruzada para que Galicia considere o eucalipto especie invasora

A asociación ecoloxista Arco Iris critica que a patronal madeirista "minora o peso real desta especie" para "favorecer plantacións masivas".


|

Eucalipto


A asociación ecoloxista Arco Iris criticou as "manipulacións" do Clúster da Madeira de Galicia, pois, ao seu xuízo, "unicamente obedecen á intención da patronal madeirista de tratar de minusvalorar o peso real desta especie invasora ante a opinión pública e os produtores".


Nun comunicado, a asociación ecoloxista denuncia que, mediante esta intención, transmítese "unha imaxe totalmente nesgada e irreal do monte galego". "Esta manobra trata de favorecer novas plantacións masivas, que contarían coa inestimable axuda da Dirección Xeral de Montes, que non persegue nin sanciona o aumento do eucalipto á conta das frondosas autóctonas".


Por iso, o colectivo ecoloxista solicita que no texto definitivo do borrador de Decreto Regulador de Novas Plantacións de Eucalipto se considere esta especie como "alóctona e invasora", cuxa presenza nos montes de Galicia "roza xa os límites do tolerable".


Do mesmo xeito, defende, entre outras cousas, que se debe promover "un aproveitamento completo do ciclo do eucalipto", incluíndo "como condición inescusable" á empresa Ence para a súa permanencia na Ría de Pontevedra "a inclusión dunha liña de produción de papel que achegue un valor engadido do que, a data de hoxe, carécese".

relacionada Tiran de retranca cunha "eucaliptización" da muralla de Lugo
relacionada Arco Iris tilda de "tomadura de pelo" as directrices de paisaxe da Xunta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE