Tiran de retranca cunha "eucaliptización" da muralla de Lugo
Para denunciar a destrucción do patrimonio "a mans da industria forestal"
"Como bos destrutores do patrimonio, ao berro de 'Ningún xacemento sen eucaliptos', procederemos á eucaliptización da muralla luguesa e, imitando os procedementos da industrial forestal, farémolo sen pedir permiso a patrimonio".
Toda unha declaración de intencións de intencións por parte das asociacións Adega, Cultura do País e Mariña Patrimonio, que tras denunciar ante os xulgados a "destrución masiva e indiscriminada" do patrimonio arqueolóxico "a mans da industria forestal", agora tirarán de retranca cunha plantación simbólica na muralla de Lugo o vindeiro 18 de xuño.
Aproveitando a celebración do Arde Lucus, as asociacións decidiron darlle un tono diferente á denuncia que terá lugar no tramo entre Porta Miñá (Tinería) e Porta do Bispo Odoario ou de O Hospital.
Destacan que igual que no Arde Lucus "moita xente en Lugo cambia de rol e pasa de ser un mesmo a converterse en sacerdotisa, senador romano ou guerreiro celta", os asistentes a este acto reivindicativo na muralla converteranse "por uns instantes en axentes da industria do eucalipto".
Escribe tu comentario