#Claves de la semana

Almuíña recoñece que a gripe "adiou" intervencións pero nega o colapso

Asegura que o sistema sanitario galego está preparado para afrontar o pico da gripe nos proximos días, malia as críticas recibidas por parte de diversos colectivos


|

Jesus Vazquez Almuia


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asegurou este venres que o sistema sanitario galego está "preparado" para afrontar nos próximos días o pico da gripe e, aínda que recoñeceu que o nivel de asistencia nos hospitais obrigou a "aprazar" algunhas intervencións, negou que se estean producindo colapsos ou saturacións e pediu aos usuarios "paciencia".


En declaracións aos medios antes de participar na inauguración dunhas xornadas que se celebran este venres en Pontevedra, o responsable da sanidade pública galega vinculou a situación actual ás "dificultades lóxicas" en comparación con Europa, onde se esta sufrindo unha "onda de gripe" que chegou antes do previsto.


Así, puntualizou que "Galicia non está dentro dos que teñen máis dificultades dentro do pico" e lembrou que o virus que está a causar o maior número de casos "está dentro do que cobre a vacinación".


Este ano, apuntou o conselleiro, a gripe "afecta máis a persoas maiores", polo que o número de ingresos aumenta con relación a esta circunstancia, debido a que "as persoas maiores teñen máis patoloxías".


En todo caso, reiterou a importancia da vacinación e insistiu en que "o primeiro nivel de diagnóstico e tratamento debe ser o centro de saúde" onde se resolven "o 93% dos servizos que chegan ata alí".


NON HAI COLAPSO, "NIN O VAI HABER"


Pola súa banda o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, sinalou este venres que está a haber "unha influencia importante" nas urxencias de atención primaria e hospitalaria debido ao pico da gripe, pero negou que exista "colapso". "Nin penso que o vaia a haber", resolveu.


Ao fío diso, ao ser preguntado en rolda de prensa, apuntou que en 10 de 14 hospitais galegos non había pacientes pendentes de ingreso á primeira hora deste mesmo venres. Nos outros catro, proseguiu, había aproximadamente unha vintena de persoas que se irían "colocando tranquilamente" ao longo da mañá.


O alto cargo do Sergas recalcou que o seu departamento está preparado "desde hai xa meses" para o pico da gripe, con plans de continxencia "elaborados e actualizados" que fixan tanto a adecuación dos espazos dos centros médicos como a contratación de persoal a medida que a demanda aumenta.


"Os plans de continxencia vanse desenvolvendo conforme se van alcanzando os límites que os propios plans establecen", mantivo, non sen destacar que "están a funcionar perfectamente". Adicionalmente, sobre o seguimento do virus, indicou que a intensidade da onda é "neste momento, media".


COORDINACIÓN E FLEXIBILIDADE


Neste ámbito, o conselleiro sinalou que en Galicia ten "unha Sanidade que adopta unha flexibilidade moi importante", e se adecua ás necesidades, "tendo en conta que as urxencias non son planificables".


"Imos seguir traballando con coordinación", indicou Vázquez Almuíña, que quixo aproveitar para "dar unha mensaxe de tranquilidade á poboación" e insistiu en que se "utilicen os niveis de asistencia para estes temas", acudindo primeiro aos centros de saúde.


O conselleiro de Sanidade recoñeceu que a situación cos enfermos de gripe nos hospitais galegos esixe que o persoal sanitario estea a traballar nunhas circunstancias "moi por encima das condicións habituais". "Evidentemente, nalgúns momentos con certos atrasos, e sempre solicitamos paciencia aos usuarios para esa atención, pero estamos a responder de forma adecuada dando atención", garantiu.


Almuíña subliñou que os ingresos hospitalarios teñen lugar "adaptándose as estruturas e tamén ao equipo humano", que, lembrou, "xa foi reforzado" nos diferentes hospitais e servizos como medicamento interno ou pneumoloxía.


APRAZAR INTERVENCIÓNS CIRÚRXICAS


O conselleiro de Sanidade tamén recoñeceu que o incremento dos casos de gripe "nalgún día concreto" provocou o adiamento de diferentes "intervencións programables diferibles", que "eran aprazables e non ten importancia que sexan unha semana ou outra". "Para nós a prioridade é a atención dos pacientes urxentes que necesitan ingreso", lembrou.


Respecto da presenza de pacientes esperando en padiolas e cadeiras de rodas nos corredores dos servizos de Urxencias, o conselleiro indicou que non é posible "ter os tamaños dos hospitais co que corresponde un pico de 15, 20, 30 días", insistindo en que "isto non é planificable".


XERENTE DO EOXI PONTEVEDRA-SALNÉS


Pola súa banda o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González, sinalou que "a situación ao longo do día pode variar porque os picos de afluencia a Urxencias varían de maneira importante" e insistiu en que "o importante" é que "todos os pacientes que necesitan ser ingresados están a ser ingresados e tratados en camas de hospitalización".


José Manuel González evitou falar dun saturación do servizo de urxencias, limitándose a recoñecer que en Pontevedra e O Salnés "hai momentos do día en que hai máis picos por afluencia en certas horas masiva de xente".


Ademais, o xerente pontevedrés insite en que a triaxe "está a funcionar correctamente", discriminando a aqueles pacientes que necesitan un tratamento urxente ou preferente daqueloutros que teñen patoloxías máis leves, "que son os que teñen que esperar un pouquiño máis" e aos que lles pediu "desculpas e un pouquiño de paciencia".


Finalmente o xerente da EOXI recoñeceu que o servizo de Urxencias de Montecelo precisa unha ampliación. "É unha das cousas que seguramente no próximo plan será unha das áreas para remodelar e ampliar", finalizou.



relacionada ​Feijóo admite "dificultades" pola gripe e chama a acudir a Atención Primaria
relacionada ​Aumentan a sete os falecidos por gripe en Galicia
relacionada ​El "colapso" de la sanidad por la gripe, culpa de los "recortes del Sergas"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE