A Policía denunciou en 2016 a 400 menores por beber alcol e a 24 por fumar
As denuncias por consumo de alcol a menores e locais incrementáronse en máis dun 28 por cento.
A Policía Autonómica denunciou o ano pasado a un total de 401 menores de idade por beber alcol, ben en establecementos ou ben na vía pública, e outros 24 foron sorprendidos mentres fumaban.
É o que consta nun informe do citado corpo policial que coñeceu este xoves o Consello da Xunta, e que reflicte "un notable incremento" tanto no número de inspeccións levadas a cabo como de denuncias efectuadas a menores e a locais.
En canto ás inspeccións, ao longo de 2016 foron un total de 5.522 e deron como resultado 822 denuncias: 672 por venda ou consumo de alcol (271 foron a locais e 401 a menores) e 150 sobre o tabaco (126 por irregularidades en establecementos e 24 a menores).
Así pois, as denuncias incrementáronse en máis dun 28 por cento. En concreto, as impostas a establecementos respecto do consumo de alcol aumentaron un 27 por cento e as asinadas contra menores por consumo incrementáronse un 36,4 por cento.
Escribe tu comentario