#Claves de la semana

O Sergas "rexeita considerar indefinidos aos eventuais" que non ocupen praza estrutural

Asmig considera que se establece "unha perigosa distinción entre interinos e eventuais" que pretende "dividir" á comunidade médica. 


|

Consultamedico


A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) afirmou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) "rexeita considerar indefinidos aos eventuais que non ocupen prazas estruturais".


Así o manifestou nun comunicado de prensa, no que Asmig expón que, "en resposta" a unha solicitude presentada por un médico de Atención Primaria no mes de outubro, "o xerente da EOXI da Coruña rexeita expresamente conceder a condición de indefinido ao persnal eventual que non ocupe prazas estruturais".


Por iso, considera que se establece "unha perigosa distinción entre interinos e eventuais". "A EOXI inaugura unha estratexia que non ten outro obxectivo que provocar a división entre os médicos que carecen de praza en propiedade", abundou.


"Facendo gala dun cinismo obsceno, chégase a afirmar por parte do organismo xestor que a culpa da situación laboral de cada profesional non corresponde ao causante da mesma, senón á vítima dun escenario indesexable, é dicir, ao propio médico", segundo lamenta Asmig no seu comunidado.


Neste sentido, a asociación sostén que "pretende a EOXI que os médicos que sofren día tras día unha precariedade insustentable asuman a súa condición e se culpabilicen a si mesmos da mesma".


"Esta perniciosa deriva pretende distinguir entre aqueles médicos a quen si lles afectaría a sentenza europea e o resto dos temporais eventuais, que non terían a consideración de pobo elixido e serían condenados a vagar eternamente polo deserto", reprochou.


DÚAS VÍAS PARALELAS


A asociación explicou que a sentenza europea "provoca que se abran dúas vías paralelas, pero con diferente dirección". "Unha delas foi asumida en comunidades como Andalucía ou Madrid, nas que os servizos de saúde declararon a súa intención de estabilizar a todos os eventuais interinos", sinalou Asmig.


"A outra é a que parece adoptar Galicia, por desgracia para todos a quen representa esta asociación", lamentou, para detallar que "o Sergas pretende deseñar unha estratexia consistente en fixar en prazas estruturais vacantes a persoal interino fixo con poucos anos de experiencia laboral, para amortecer no posible o importe das posibles indemnizacións por despedimento".


O resto do persoal (eventual) de máis antigüidade e servizos prestados, segundo recolle Asmig no seu comunicado, "sería destinado a prazas de menor categoría, para impedir que reciban cantidade algunha, en caso de rescindir a relación laboral".


"Para reforzar esa estratexia a longo prazo, Recursos Humanos puxo xa en marcha unha táctica cortoplacista que, por medio do cambio de baremos, marxine ao colectivo de máis antigüidade en beneficio de novos profesionais procedentes do MIR", concluíu a asociación.

relacionada ​Médicos piden adiantar o 'prime time' televisivo para que os españois durman máis
relacionada A xustiza europea defende equiparar as indemnizacións de fixos e temporais
relacionada ​Médicos interinos se sienten discriminados por sus baremos de expericia profesional
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE