#Claves de la semana

A xustiza europea defende equiparar as indemnizacións de fixos e temporais

Considera a lexislación laboral de España "discriminatoria".


|

Trabajador


O Tribunal de Xustiza da Unión Europea vén de recoñecer o dereito dos traballadores temporais a recibir a mesma indemnización que os indefinidos en caso de despedimento xa que considera ilegal que cobren menos.


Este feito supón un golpe importante na lexislación laboral de España, á que considera discriminatoria, e que agora deberá equiparar ambas as compensacións a 20 días por ano traballado.


Desde a reforma laboral de 2012, os indefinidos sí cobran unha compensación de 20 días por ano traballado -antes era de 45 días-, mentres que a dos temporais oscila entre 12 días por ano traballado ou nada no caso dos interinos. 


O fallo dos xuíces comunitarios establece tamén que os interinos teñen dereito a percibir unha compensación ao rescindir o seu contrato. Pero a argumentación do tribunal vai máis aló e defende que as indemnizacións por despedimento deben ser iguais para todos, salvo que haxa "razóns obxectivas", e destas últimas exclúe o feito de ser indefinido ou non.


A sentenza, con data do día 14 e que non admite interpelación, dá a razón a unha traballadora do Ministerio de Defensa, Ana de Diego. Por iso, o tribunal europeo esixe ao Goberno que modifique a lexislación actual -redactada polo executivo de Mariano Rajoy- e pídelle que estableza unha equiparación entre ambas as indemnizacións. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE