Deleite entrega de xeito solidario 2.592 litros de leite, un por cada 'gústame' no seu facebook
Este mércores fixo entrega dun palé con 720 litros ao Banco de Alimentos de Santiago, e hoxe será a quenda de Ferrol.
// Deleite Galego
Deleite fixo entrega este mércores dun palé con 720 litros de leite ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela, segundo informou nun comunicado.
Con iso, a marca cumpre o seu "compromiso" coa xente que, a través da páxina de Facebook, apoiou a campaña para entregar un litro de leite este Nadal por cada 'gústame'.
Ao final, a iniciativa sumou 2.592 'gústame' e, por iso, son ese número de litros tamén os que Deleite Galego entrega agora aos bancos de alimentos.
Desta forma, xa se fixo entrega ao banco de alimentos de Pontevedra e ao de Santiago, este mércores. Este xoves será a quenda para o de Ferrol e a semana que vén, a marca impulsada por gandeiros galegos farao nos de Lugo e Ourense.
"Con esta iniciativa, en Deleite queremos nestas datas sinaladas que a xente que está a pasar dificultades non lle falte algo tan importante, básico e saudable como é o leite", manifestou Dosindo Rey, un gandeiro de Trazo que participou no acto de Santiago.
Escribe tu comentario