#Claves de la semana

​Centos de persoas reclaman en Vigo que a recuperación "chegue ás familias"

A manifestación enmárcase na campaña de UGT e CCOO "pola recuperación dos dereitos sociais e laborais".


|

Manifestacionvigosindicatos


Centos de persoas manifestáronse en Vigo, convocadas por UGT e CC.OO., para proclamar que "é o momento de recuperar dereitos sociais e laborais" e "rescatar ás persoas".


No marco dunha campaña de mobilizacións que levan a cabo en toda España e tamén nas principais cidades de Galicia celebrouse esta marcha reivindicativa en Vigo, na que participaron os secretarios xerais de UGT e CC.OO. en Galicia, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, e que discorreu baixo unha intensa choiva.


O responsable de UGT en Galicia afirmou que a recuperación económica da que fala o Goberno "non chega ás familias" e subliñou que "se hai diñeiro para rescatar autoestradas, debería habelo para rescatar ás persoas".


José Antonio Gómez reivindicou o inicio de "un novo tempo de diálogo", aproveitando a perda da maioría absoluta do PP. Con todo, precisou que ese diálogo ten uns "condicionantes": derrogar a reforma laboral, garantir o sistema público de pensións e implantar unha prestación mínima de ingresos "para quen quere traballar e non pode".


Na mesma liña, Sánchez Aguión criticou os rescates millonarios de entidades financeiras e autoestradas, mentres a sociedade é "máis desigual que nunca" e está "empobrecida ata niveis insoportables". "Queremos dicir xa abonda, chegou o momento de pensar nas persoas", proclamou.

relacionada Vigo acolle a marcha central en Galicia das protestas sindicais
relacionada Los sindicatos anuncian movilizaciones en todo el país tras la reunión con Rajoy
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE