#Claves de la semana

​'Casas nido' para facer posible a conciliación familiar no rural

Hai oito en funcionamento en toda Galicia, pero Feijóo comprométese a que cando remata 2017 sexan 60.


|

Casanidofeijoo


O presidente da Xunta garantiu este mércores o compromiso do Goberno galego coa creación en 2017 de 30 novas casas niño e co obxectivo de que en 2020 todos os concellos galegos teñan unha casa niño ou unha escola infantil.

"Imos seguir traballando por dinamizar o rural con medias tributarias, fiscais e sociais", aseverou, precisando que as 30 casas niño que se poñerán en marcha o ano que vén xa están incluídas nos orzamentos que se acaban de presentar e que se sumarán ás 30 que abrirán entre 2016 e os primeiros meses de 2017.

Durante unha visita a cásaa niño 'A Brincadeira' no concello ourensán de Cenlle, Feijóo asegurou que o Executivo autonómico seguirá respondendo o reto demográfico e que en 2017 o orzamento destinado á familia e infancia crecerá un 11 por cento, pasando de 97 millóns de euros a máis de 107. Ademais, tamén lembrou que no curso 2015-2016 creáronse case 2.000 novas prazas sostidas con fondos públicos.

O responsable do Goberno galego referiuse ás casas niño como un exemplo da importancia de que a Xunta saiba identificar e apoie aqueles recursos e aquel capital humano que está dispoñible para contribuír ao avance do país. Así mesmo, lembrou que, a finais de maio, lanzouse unha liña de axudas por importe de 2,5 millóns de euros e empezouse a impartir formación a aquelas persoas interesadas en abrir unha casa niño. A resposta foi "tan intensa" como se esperaba e rápido esgotouse o crédito previsto.


A administración achega ata 15.000 euros para acondicionar o espazo, que non se trata dunha escola infantil. O límite de prazas é de 5 por cada casa niño.


CONCILIACIÓN

Deste xeito, pouco máis de seis meses despois, xa son oito as casas niño que están a funcionar. Así, os pais e as nais dos concellos ourensáns de Baños de Molgas, Cenlle, Carballeda de Avia, Maside, Manzaneda e Leiro; de Frades, na Coruña; e de Castroverde, en Lugo, xa dispoñen dun servizo para que os seus fillos menores de 3 anos estean atendidos, mentres eles traballan.

Así mesmo, explicou que cada casa niño promoverá atención gratuíta a un máximo de cinco nenos cun horario flexible de luns a venres. "Por tanto, estamos a demostrar que no rural hai resposta ás inquietudes e á conciliación da vida laboral e familias", abundou.

Por último, incidiu en que dinamizar o rural é "apostar polo programa 'impostos cero', de forma que para adquirir ou vender unha leira non se paguen tributos; comprometer que a partir de xaneiro deste ano as familias numerosas, os mozos e as persoas con algunha discapacidade poida comprar unha casa no rural sen ningún tipo de impostos e axudar, neste 2016, a que máis de 600 mozos poidan emprender no ámbito agrogandeiro".

relacionada ​Os autobuses a demanda para o rural empezarán a implantarse o ano que vén
relacionada A fusión de concellos, clave na dinamización do rural
relacionada A mocidade do rural, marxinada
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE