Salvaterra brindou este domingo con viño espumoso
A localidade pontevedresa acolleu a terceira edición da festa dedicada a este caldo con Denominación de Orixe Rías Baixas.
A localidade pontevedresa de Salvaterra do Miño celebrou este domingo a terceira edición da Festa do Viño Espumoso Denominación de Orixe Rías Baixas, un tipo de viño que "duplicou" o número de adegas en Galicia no últimos catro anos.
Ata Salvaterra do Miño acudiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen resaltou que esta denominación de orixe foi a "única" que "rexistrou un aumento de produción respecto ao ano pasado".
Así, o viño espumoso Rías Baixas duplicou o seu número de adegas, de 5 a 10, mentres que o volume de litros vendidos deste caldo "creceu un 410 por cento" e roza xa os 100.000 litros.
Así mesmo, a conselleria celebrou os resultados da última colleita e felicitou por iso a colleiteiros, adegueiros, ao Consello Regulador e ao Concello de Salvaterra.
Escribe tu comentario