Cambados xa é 'Cidade Europea do Viño 2017'
Superou a outras vilas españolas de gran peso vitícola coma Aranda del Duero, Villafranca del Penedés e La Palma del Condado.
O concello de Cambados vén de ser elixido Cidade Europea do Viño 2017. O anuncio fíxose durante unha gala celebrada pola Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) e que tivo lugar en Palmeira, no país veciño de Portugal.
Cambados superou así outras vilas españolas de gran peso vitícola como Aranda del Duero (Burgos), Villafranca del Penedés (Barcelona) e La Palma del Condado (Huelva).
A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou o gran peso que ten a comarca do Salnés, en xeral, e Cambados, en particular, como zona vitivinícola de Galicia, sendo a rexión máis destacada de produción dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A de Medio Rural xa mandara no seu día unha carta de apoio a esta iniciativa como destino turístico vinculado á viticultura, xa que o seu peso dentro deste sector é importante.
Grazas a este distintivo, a Mancomunidade do Salnés poderá seguir presumindo da calidade dos seus viños e ofrecer no vindeiro ano unha serie de actividades vinculadas á enoloxía e ao enoturismo. Incluso contempla accións internacionais xunto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas que consisten nun intercambio con Irlanda.
Escribe tu comentario