Morre un mozo de 36 anos nun accidente de tráfico en Meis
A posición en que quedou o vehículo, metido nun desnivel duns cinco metros, fixo que pasase desapercibido para quen circulase pola zona.
Un mozo de 36 anos veciño da Armenteira faleceu este luns nun accidente de tráfico en Meis (Pontevedra), tras saírse da vía o vehículo no que circulaba e caer por un barranco, segundo informan o 112 e os bombeiros do Salnés.
O coche foi localizado pouco antes do mediodía por un veciño na estrada que sobe do mosteiro da Armenteira en dirección ao campo de golf.
Segundo explicou Protección Civil de Meis, a posición en que quedou o vehículo, metido nun desnivel duns cinco metros, fixo que pasase desapercibido para quen circulase pola zona.
Urxencias Médicas envío un equipo a bordo do helicóptero con base en Santiago, pero non puido facer nada por salvar a vida do condutor, cuxo corpo tivo que ser excarcerado por efectivos do parque comarcal de Ribadumia.
Escribe tu comentario