A Cuba dos sete mil fusilados

Manuel Fernando González Iglesias

Fidelcastro2


Din as ONG que os fusilados polo Réxime de Fidel Castro foron sete mil cidadáns. Un horror! Pero os que fornecen estes datos, que non son anticastristas, ignoran cantos miles de cubanos máis quedaron polo camiño nas tenebrosas cárceres castristas ou nas balsas que nunca chegaron a Miami. Estes datos, din por si mesmos, máis que calquera crítica que queira facérselle a un home que encheu de propaganda revolucionaria, na que era un auténtico mestre, boa parte do século XX e que morreu decentemente na súa cama nos inicios do convulso século XXI.


É verdade que o revolucionario Castro lle gañou unha guerra ao corrupto Batista nos inicios da súa carreira política. Pero tamén, o é que durante cincuenta anos afogou a liberdade de Cuba e sumiu nunha moi triste realidade económica á illa que José Marti, coa axuda 'yankee' , independizara de España. Nesa análise, cabería engadir que os norteamericanos baixo as administracións demócratas e republicanas, padeceron o mal da soberbia, e que esta enfermidade incurable os levou a cometer o erro histórico de tratar de asfixiar a Castro e os seus comandantes para obrigalos a capitular e render pleitesía, pero que ao pasarse da raia, o único que lograron foi unha Guerra Fría atroz, e o enroque total dun Réxime que fixo pagar as peores consecuencias desta pésima decisión sobre as costas e o estómago do seu sufrido pobo. Dous argumentos que moitos temos claros desde hai moitos anos e que non cambian para nada a realidade actual.


E cal é esta? Preguntámonos todos. Pois, a dun mesmo Réxime marxista leninista no poder con outro Castro, peor que o anterior á fronte, pero coa incógnita de que ao poder en Cuba subíronse xa un par de xeracións que non interviñeron na Revolución orixinal e que apuntan á folla de ruta dun país parecido á China actual, no que Capitalismo e Comunismo conviven pacíficamente mentres, como se di popularmente, non se 'toquen os narices' os uns aos outros.


Con todo, sen que ninguén o esperase, no horizonte asomou a figura temible dun novo Presidente norteamericano ultraconservador e populista, que non tranquiliza a quen desexa unha convivencia pacífica nun futuro, mais próximo, que afastado. Se habemos de ler ao pé da letra o que escribiu Donald Trump fai tan só unhas horas sobre a figura de Fidel Castro, xa podemos poñernos a tremer, porque a súa antipatía cara aos Castro pode traer consecuencias insuperables.


Por iso, o mellor agora mesmo é ver, oir e só abrir a boca cando os acontecementos parezan desbordarnos, porque nisto das relacións internacionais, o péndulo da actualidade oscila a unha velocidade tan vertixinosa, que o onte soa a vello aínda que o mañá aínda non aparecese no horizonte. Está claro, con todo, que o 2016 pasará á historia como aquel ano no que os humanos decidimos vivir perigosamente.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE