O PIB de Galicia acumula un aumento anual do 3,3%
Mentres no terceiro trimestre, o crecemento de España se freou, situándose no 0,7%, a nosa comunidade medra ata o 0,9%.
O produto interior bruto (PIB) de Galicia creceu un 0,9% no terceiro trimestre en relación co trimestre anterior, e a subida foi do 3,3% respecto ao mesmo período de 2015, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).
No conxunto estatal, a economía rexistrou un incremento do 0,7% intertrimestral, de modo que acumula un aumento interanual do 3,2%.
Así as cousas, mentres o PIB de toda España experimenta unha freada, na comunidade galega a evolución é a contraria, cun crecemento unha décima superior á do segundo trimestre.
Escribe tu comentario