#Claves de la semana

Villares e Pontón cren que Feijóo se retracta da súa defensa de Galicia

Leiceaga considera que na nova lexislatura haberá puntos de consenso, mentres Puy empraza aos seus a "cumprir o programa electoral". 


|

Portavocesparlamento


O portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, tachou o discurso da toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo no acto de toma de posesión de "gris" e con "nula ambición de autogoberno", á vez que botou en falta algunha "referencia social" e maior compromiso "coa xente de Galicia".


Para o portavoz de En Marea, nas palabras do titular da Xunta faltaron referencias ás "ansias de autogoberno e o reforzo das competencias de Galicia para conseguir maior calidade de vida" para os galegos.


Así mesmo, cualificou de "agónico" o discurso de Núñez Feijóo, algo que para Villares "pode significar dúas cousas": ou ben que "un retírase da vida política cara á vida empresarial" ou ben que o fai "cara á vida política noutras contornas". "Seguramente máis dun tiña en mente esa segunda opción", ironizou.


A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, tamén se manifestou nunha dirección  moi similar á de Villares, considerando que Feijóo fixo un "discurso de partido" durante a súa toma de posesión no que "defraudou aquilo de que o primeiro vai ser Galicia" xa que puxo a "España e aos intereses de España" por "encima dos intereses de Galicia".


Precisamente, Ana Pontón censurou que o xefe do Executivo estatal "perdese a ocasión" de "exercer como galego en lingua galega" e pronunciase o seu discurso en castelán. "Sería un detalle que o honraría aínda que é certo que non se caracteriza polo uso do noso idioma", apuntou.


"O BNG vai exercer a súa oposición sendo fiel ao mandato que os cidadáns nos deron co seu voto e imos estar sempre naqueles acordos que sirvan para defender os intereses de Galicia", subliñou.


LEICEAGA BUSCARÁ "CONSENSO"


Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, considerou que, na nova lexislatura, poderá buscar "puntos de consenso" co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "reforcen a posición de Galicia".


Con todo, deixou claro que "haberá outros temas" nos que, "seguramente", terán "visións que non coinciden" como, por exemplo, sobre como abordar a "deterioración dos servizos públicos".


"É un problema de dose, de proporción", asegurou para sinalar que os socialistas van aceptar "formular posicións comúns" pero que, onde "non coincidan", expresarán "con claridade" cales son os "puntos de crítica".


COMPROMISO E CONSENSO


O portavoz do PPdeG no Parlamento galego, Pedro Puy, emprazou ao Goberno galego, do que confía que achegará "normalidade absoluta e estabilidade política", a cumprir co seu "programa electoral e o discurso de investidura".


En declaracións aos medios este sábado tras o acto de toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, o popular indicou que o "primeiro" que espera o seu grupo do Executivo galego é que "a curto prazo" envíe "o teito de gasto e os orzamentos" á Cámara para a súa aprobación.


Doutra banda, Puy manifestou que o "segundo" que agarda do Goberno galego é que "cumpra o programa electoral" co que o PP se presentou ás eleccións, así como con "o discurso de investidura" pronunciado este sábado por Núñez Feijóo.


Por último, Pedro Puy esquivou contestar sobre os posibles nomes que acompañarán a Feijóo á fronte da Xunta no seu terceiro mandato. "Iso correspóndelle ao presidente e haberá noticias pronto", apuntou, posto que o xefe do executivo galego xa declarou que anunciaría o seu equipo este domingo


Miguel Santalices, o presidente do Parlameto, chamou a "estar á altura das circunstancias" durante esta lexislatura e instou ao Executivo autonómico a "liquidar" os "temas candentes" presentes na sociedade de Galicia, como "o desemprego, os servizos sociais ou a educación".


En declaracións aos medios este sábado tras o acto de toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, Santalices indicou que espera "un traballo importante que hai que facer para os galegos" tanto desde o Parlamento como desde o Goberno galego.


"Estou moi esperanzado porque estamos a comprobar que tanto no inicio da lexislatura como na toma de posesión somos quen de conseguir consensos e de estar á altura das circunstancias", recalcou.

relacionada Feijóo: "Galicia nunca pedirá máis do que lle corresponde, nin se conformará con menos"
relacionada ​Luís Villares: "As Irmandades da Fala foron a primeira marea galeguista"
relacionada Ana Pontón: "Sempre nos atoparán nos acordos que sirvan para defender Galiza"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE