Morre o home de 57 anos que sufriu un accidente de tractor en Arzúa
Todo apunta a que o home tivo un despiste e saíuse da vía, tras o que o tractor acabou envorcado nun regato.
O home que sufriu un accidente de tractor este xoves en Arzúa, J.J.C.D. de 57 anos, faleceu ás 16,05 horas no hospital Clínico de Santiago tras ser evacuado de urxencia en helicóptero.
Diso informou a Garda Civil, que sinalou que o equipo de Atestados de Santiago instrúe dilixencias para tratar de determinar as causas, mentres que o caso lévao o xulgado de instrución de garda de Arúa.
O sinistro tivo lugar sobre as 12,40 horas en Arzúa, na parroquia de Burres, cando a vítima circulaba por un camiño forestal de Pregontoño, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia.
Aínda que o home foi rescatado nun primeiro momento tras envorcar o seu vehículo e quedar debaixo del nun río, finalmente faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Todo apunta a que o home tivo un despiste e saíuse da vía, tras o que o tractor acabou envorcado nun regato.
Escribe tu comentario