Entrégase Pedro Dias, o fuxido portugués que matou a dúas persoas
Nega ser o autor dos dous asasinatos que se lle imputan e di entregarse porque "non pode ser un fuxitivo toda a vida".
Pedro Dias, o home de nacionalidade portuguesa ao que se lle perdeu a pista o pasado 11 de outubro tras presuntamente matar a dúas persoas, entregouse onte á Policía lusa e nega ser o autor dos crimes que se lle imputan, segundo informou a televisión pública portuguesa (RTP).
O avogado do presunto autor das dúas mortes pactou a entrega coa Policía na casa dun amigo, a condición de que fose filmada en directo pola cadea pública portuguesa e así evitar posibles enfrontamentos coas autoridades lusas. Días nega ser o autor dos asasinatos e di que decidíu entregarse porque “non pode ser un fuxitivo toda a vida”.
‘O Piloto’, como se coñece a Dias en Arouca, onde ten a súa residencia, permanecía fuxido desde había case un mes, logo de matar presuntamente a un axente da GNR e ferir a un compañeiro deste en Aguiar da Beira, a só 95 quilómetros da frontera lusa con Salamanca. Ademais, a Dias atribúeselle disparar a unha parella que ía nun coche, matando ao condutor e deixando ferida á muller deste.
Varias fontes situaron ao home en localidades do norte de Portugal e tamén varias provincias españolas, entre elas Ourense, na súa fuxida.
Escribe tu comentario