Atropela un motorista, fúgase e queima o coche da empresa
A Garda Civil investiga un veciño de Carral polos feitos que aconteceron en Neda. Ademáis, deu positivo por drogas.
A Garda Civil investiga a J.P.G.G., de 37 anos e veciño de Carral, pola súa suposta participación nun delito de lesións e outro de danos por atropelar a un motorista, darse á fuga e queimar o vehículo.
Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon o pasado día 28 de outubro sobre as 23,15 no quilómetro 32 da vía AP-9F, no termo municipal de Neda, cando o investigado supostamente atropelou a un motorista, ao que lle causou feridas graves e deuse á fuga.
O motorista foi trasladado ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e o equipo de Atestados da Agrupación de Tráfico da Garda Civil do Destacamento de Ferrol e unha patrulla de servizo trasladáronse ao momento do accidente para realizar as investigacións oportunas.
Das investigacións practicadas púidose obter a marca, modelo e número de placa de matrícula do vehículo infractor, segundo aseguraron as mesmas fontes.
Aínda que se iniciou un dispositivo de procura para tratar de localizar o vehículo, Protección Civil e Policía Local de Carral tiveron coñecemento da existencia dun vehículo desas características que ardía nunha zona desa localidade.
Ao momento trasladáronse o Equipo de Atestados do Subsector da Coruña e outra patrulla. Aínda que o vehículo estaba totalmente calcinado, conseguiron os datos "esenciais" para "identificar de forma fehaciente como o causante do accidente en Neda", aseguraron as mesmas fontes.
POSITIVO EN DROGAS
Finalmente localizouse ao condutor do vehículo no seu domicilio e practicáronselle as probas de alcoholemia e o test de drogas, no que deu positivo en drogas. Trátase dun home de 37 anos de idade e con domicilio na localidade de Carral, empregado do titular do vehículo.
Ademais do vehículo, no incendio tamén se calcinaron totalmente tres motoserras, unha rozadora e varias ferramentas que portaba o Nissan Navara.
As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda de Ferrol como ampliatorias ás que realizou o Equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol.
Escribe tu comentario