​Os apuros de Ciudadanos

Manuel Fernando González Iglesias

Albertriveraserio


Non sei que pacto secreto lle sacou Francisco Correa ao Fiscal, pero o que ten co Goberno Rajoy non arroxa ningunha dúbida: Salvar a Rajoy a cambio de...... Ou sexa, que toda a merda caia ao lado do Goberno de Aznar e os seus mantidos, e deixar ante a opinión pública a imaxe de que isto do roubo descarado ás arcas públicas via comisións era cousa dos "amigos do lince dos Azores" e non do "incorruptible" galego de Pontevedra que segundo Correa era imposible de subornar, "non había feeling" chegou a dicir o declarante polo que, este, tivo que emigrar a Valencia, á parcela particular dos Fabra e de Rita Barberá.


A xogada pode saírlle ben ao "melenas", ou pode acabar a paus con Bárcenas que para escapar do envurullo no que o meteu o patriarca da Gürtel opte por contarnos a quen lle pasaba o diñeiro que tan xenerosamente lle entregaba Paco Correa o novísimo "arrepentido". Se o fai, os famosos papeis que aireou El Pais, serán cousa de nenos á beira do que pode saír por esa boca serrana. Persoalmente, creo que Luis do Gran Poder que dirían os colegas do Intermedio, non vai a comer "o marrón" que lle caeu encima e regalaranos un escándalo monumental. Falta por saber se o sobriño de Cuíña Crespo, o secretario de organización do PP galego de Lalín, utiliza a mesma técnica que Correa ou se buscou a vida por outros camiños legais para evitar o cárcere que lle vai caer encima.


E se é iso é asi no galiñeiro da Gürtel, no da Carreira de San Jerónimo os ollos ata agora fixos na abstención socialista, están a virarse vertixinosamente cara ao banco dos dirixentes de Ciudadanos, que son a parte substancial do apoio da investidura de Mariano Rajoy. E iso é así, porque co que se vai coñecendo, se os sociatas o teñen cor formiga para xustificar a súa abstención, os de Albert Rivera vense máis que apurados polo seu pacto de gobernabilidade cun partido que, agora si, quedou en pelotas en sede xudicial.


Se ao que xa sabemos nestes dous días se lle sumasen nomes e apelidos concretos de Ministros ou sobres a dirixentes especificos do Partido Popular, ao votante de Ciudadanos vaille facer pouca graza que os seus líderes teñan un pacto de gobernabilidade con quen está acusados de tan graves delitos e son unha vergoña de dirixentes ante a opinión pública.


Ou sexa, que non enterren Vds. aínda a posibilidade dunhas terceiras eleccións porque, como din os taurinos: ata o rabo todo é touro.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE