#Claves de la semana

Lídia Senra reclama á UE "protexer a integridade" das Mulleres Rumbo a Gaza

Urxen á Unión Europea que "medie" co goberno de Israel para que "se permita a libre navegación da flotilla ata que alcance Gaza". 


|

Lidiasenra 2


A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), xunto con outros 14 representantes españois no Parlamento europeo, remitiu unha carta á alta representante da UE para Asuntos Exteriores, Federica Mogherini, para demandarlle que se "protexa a integridade" da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza.


Diso deu conta a través dun comunicado, no que requiriu que a UE inicie "os acordos e conversacións necesarios" con Israel para garantir a seguridade dos dous barcos que conforman a citada flotilla.


E é que, como menciona na misiva, o goberno israelí "xa ordenou ao exército achegarse aos barcos e impedirlles chegar a Gaza" para "chamar a atención sobre a crise humanitaria que sofre desde 2006".


"Esta ameaza", para os asinantes da carta, "pon en serio perigo a integridade física" das mulleres de 13 nacionalidades que viaxan nesa flotilla. Máxime, como lembran, á vista de que a primeira flotilla que tentou chegar a Gaza en 2010 sufriu o asalto do exército israelí e terminou coa morte de 10 activistas turcos.


É por iso que agora urxen á UE que "medie" co goberno de Israel para que "se permita a libre navegación da flotilla ata que alcance Gaza" e que se garanta a integridade das mulleres.


En paralelo, Lídia Senra expresou o seu apoio ás distintas concentracións de protesta pola ameaza israelí a estes barcos de mulleres rumbo a Gaza, que terán lugar na xornada deste mércores nas sete cidades galegas.


Actualización: Ás 16:27 a flotilla anunciou na súa páxina de facebook que perderon contacto coa embarcación e sospeitan que puido ter sido atacada polas forzas israelís. Así o confirman tamén en Twitter usuarios que aseguran que Ajazeera xa está a reportar a detención da embarcación. 




relacionada El BNG solicita al Gobierno que se pronuncie sobre el ataque israelí a presos palestinos de julio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE