Tres millóns de euros para recuperar as zonas afectadas polos incendios
Os labores servirán para facer un control dos riscos hidrolóxicos erosivos e atallar os posibles procesos de degradación dos chans afectados, así coma para contribuír así a recuperar o potencial forestal.
A próxima semana comezarán os traballos urxentes para a recuperación do potencial forestal en zonas afectadas polos incendios do verán nos montes galegos, unhas actuacións ás que a Xunta destina un orzamento de case tres millóns de euros.
Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural explicou que estes labores servirán para facer un control dos riscos hidrolóxicos erosivos asociados aos lumes e atallar os posibles procesos de degradación dos chans afectados, para contribuír así a recuperar o potencial forestal.
Ademais das actuacións específicas de consolidación de chans, realizaranse outras accións, como sementados rexenerativos, eliminación da madeira queimada sen valor de mercado para mellorar a posterior rexeneración do arboledo ou o aproveitamento da madeira recuperable. Tamén se mellorarán infraestruturas forestais das zonas queimadas, recuperando as cunetas e as obras de paso para facilitar a capacidade de evacuación de augas.
Así mesmo, desde o punto de vista da recuperación de infraestruturas de protección dos terreos, contémplase o arranxo de peches gandeiros afectados, incluíndo a substitución dos queimados.
Escribe tu comentario