#Claves de la semana

Amainan os lumes en Galicia despois dunha semana "negra"

Entrimo, o único activo, xa desactivou a situación 2. Hai outros oito incendios que a estas horas permanecen controlados. Esta semana queimáronse case 7.000 hectáreas de monte galego. 


|


Incendiosmanzaneda

Imaxe de Monterrei // @anovaourense


A estas horas xa só queda un dos doce lumes que esta semana asolaron Galicia, queimando un total de case 7.000 hectáreas principalmente na provincia de Ourense, aínda que tamén afectaron a Lugo. O número de hectáreas ardidas nesta semana supera xa a todas as contabilizadas durante o pasado mes de agosto. 


Entrimo é o último dos lumes que permanece activo despois de que se desactivase a Situación 2 por proximidade do lume ás casas da Illa. O lume calcinou 2.800 hectáreas, e convértese así no máis relevante seguido do de Oímbra, que calcinou 2.035. O lume de Muíños, tamén en Ourense, relativamente menor ca os anteriores con 800 hectáreas calcinadas, pero de moita importancia ao queimar todas elas dentro do Parque Natural do Xurés. 


ACTIVOS


Entrimo


Foi desactivada a “Situación 2” no lume activo arestora no concello de Entrimo, parroquia da Illa. Este incendio evoluciona favorablemente, xa non avanza o seu perímetro e apenas queda un foco nunha zona de difícil acceso, na que actúan os medios aéreos para sufocalo.


O lume comezou o martes ás 18:46 horas e tamén afectou o municipio colindante de Lobios. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 2.800 hectáreas, das cales 700 son arboradas. No seu control levan traballado 1 técnico,38 axentes, 100 brigadas, 54 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais.


CONTROLADOS


Oímbra


Oincendio do concello de Oímbra, parroquia de Bousés, que comezou o martes ás 14:05 horas está controlado dende as 00:20horas. Segundo últimas estimacións, afecta unha superficie de 2.035 hectáreas, das cales 50 son de arborado. Nos labores de extinción levan participado 3 técnicos, 22 axentes, 58 brigadas, 19 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), medios da Deputación de Ourense, bombeiros municipais e efectivos de Protección Civil.


Lobeira


Permanece controlado dende as 03:45 horas desta madrugada o lume iniciado ás 7:00 horas de onte no concello de Lobeira, parroquia da Fraga. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 7 son arboradas. No lugar levan traballado 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.


Así mesmo permanece controlado dende as 13:10 horas de onte o outro incendio de Lobeira, na mesma parroquia, que comezaba na madrugada do mércores ás 00:00 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 75 hectáreas, das cales 19 son arboradas. Participan na súa extinción 7 axentes, 19 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.


Monterrei


Segue controlado dende as 00:05 horas o lume de Monterrei, parroquia de Vences, iniciado ás 13:56 horas de onte. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 300 hectáreas, das cales 250 son arboradas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 11 axentes, 26 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos de Protección Civil e bombeiros comarcais.


Chandrexa de Queixa


Continúa controlado dende as 21:13 horas de onte o lume que se iniciaba no mesmo día ás 17:39 horas no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 38 hectáreas, pero ningunha de arborado. Na súa extinción traballan 1 técnico, 3 axentes, 12 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 3 avións.


Boborás


Dende 17:03 horas de ontepermanece controlado o lume rexistrado no concello de Boborás, parroquias de Brués e Xurenzás, tras comezar ás 16:44 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, sitúase nas 600 hectáreas, das cales 285 son de arborado. No seu control levan traballado 40 axentes, 92 brigadas, 58 motobombas, 4 pas, 5 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos de Protección Civil e de Grupos de Emerxencia Supramunicipais.


Naviade Suarna


O incendio iniciado onte ás 21:08 horas no concello lugués de Navia de Suarna, parroquia de Rao, segue controlado desde as 14:55 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 55 hectáreas, das cales só 15 son de monte arborado. No lugar levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 34 brigadas, 21 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais.


Muíños


O lume rexistrado no concello de Muíños, parroquia de Requiás, declarouse ás 06:45 horas do martes e quedou controlado ás 19:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 800 hectáreas (50 de arborado), todas elas dentro do Parque Natural do Xurés. No seu control traballaron 2 técnicos, 9 axentes, 38 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 7 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais.


Tamén quedou controlado ás 9:05 horas desta mañá o lume rexistrado neste mesmo concello, parroquia de Parada de Ventosa, tras iniciarse ás 18:00 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 67 hectáreas, das cales 25 son arboradas. Levan traballando no seu control 6 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.


Chantada


Continúa controlado desde as 06:11 horas do luns o incendio rexistrado na localidade lucense de Chantada, parroquia de Requeixo, que se iniciaba o domingo ás 15:04 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 106,44 hectáreas, das cales 49,14 son arboradas. Levan traballando na súa extinción 1 técnico, 12 axentes, 50 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 13 helicópteros e 3 avións.


relacionada O lume da Fonsagrada calcina repetidores e deixa aos veciños sen teléfono e internet
relacionada ​Máis de 6.100 hectáreas queimadas en dous días
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE