#Claves de la semana

Máis de 1.800 solicitudes para 25 postos de traballo en Cementos Cosmos

Os postos que demanda a empresa son de enxeñeiros técnicos electricos, electrónicos, mecánicos e químicos, así coma graduados en FP nesas especialidades. 


|

Cementoscosmos


Cementos Cosmos vén de recibir a frioleira de 1.800 solicitudes de traballo para cubrir 25 postos para a reapertura da súa pranta de Oural, en Sarria (Lugo). 


Os postos que demanda a empresa, que ten previsto reiniciar a súa actividade o ano que vén, son de enxeñeiros técnicos eléctricos, electrónicos, mecánicos e químicos, así como graduados en Formación Profesional nesas mesmas especialidades.


Segundo informa a compañía nun comunicado, agora analizaranse os perfís dos candidatos nun proceso que se prevé que dure ata o mes de decembro.


Os traballadores seleccionados incorporaranse paulatinamente para realizar un proceso de formación, tanto teórica como práctica, que contará co respaldo da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia. A formación levará a cabo na propia planta, así coma na fábrica que o grupo ten en Toral dos Vaos (León).


REAPERTURA DA PLANTA


Así mesmo, a compañía explica que a decisión de reabrir a cementeira galega "representa unha gran aposta" por parte de Votorantim Cimentos, o propietario brasileiro de Cementos Cosmos, polo centro produtivo de Oural, que se atopa en situación de práctica parada desde o ano 2012. Todo iso, a pesar de que os niveis de consumo de cemento atópanse como a "principios dos anos 60".


De tal forma, a reapertura da fábrica supoñerá un incremento dos postos de traballo, ata situalos en 40 de persoal propio e outros 50 de subcontratas fixas (mantemento mecánico e eléctrico, limpeza industrial e de oficinas e transporte de materia prima), polo que a empresa deberá acometer outro novo proceso de selección de persoal máis adiante. Así mesmo, estímase que se xerarán 300 empregos indirectos.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE