#Claves de la semana

Os investigadores poderían contar cun perfil de sospeitoso na desaparición de Diana

Cúmprense 21 días da desaparición de Diana Quer.


|


Dianamariaquer


Segundo información publicadas polo Diario de Arousa, o equipo de investigación que está levando a desaparición dende hai xa 20 días, podería contar xa cun perfil e incluso a identificación dalgún sospeitoso no caso ´Diana Quer´. Tras a etapa final de recopilación de testemuños, indicios en batidas e probas, fontes indican ao mesmo diario que os pasos que se están dando son “firmes”.


A garda civil lanzaba onte novas batidas pola comarca do Barbanza, na área da desaparición da moza madrileña Diana Quer. Segundo relatou o director xeral da Garda Civil Arsenio Fernández de Mesa, con esta batida esperábase atopar indicios do paradeiro dad moza despois de que os demais rastrexos non aportaran pista algunha.


Ademais, o instituto armado rexistrou todas as cámaras da rúa na zona na que desapareceu Diana Quer para intentar reconstruír os seus últimos pasos.


Ao parecer, as cámaras de vixiancia principalmente da autovía do Barbanza poderían ser as que máis pistas aporten sobre o caso Diana Quer. Outra cámara sobre a que se estaría centrando moito a atención sería a que se sitúa nun cruce con semáforos, así coma as das gasolineiras e do Polígono Industrial de A Tomada.


A hipótese da marcha voluntaria segue aberta aínda que o feito de que a rapaza marchase da casa sen o DNI ou documentación algunha é un elemento sospeitoso que pon en dúbida esta teoría.


Fernández de Mesa fixo fincapé nas súas declaracións de onte en que a Garda Civil califica o caso como “especialmente complexo polas circunstancias que o rodean” e defendeu tamén que os medios postos en cada caso de desaparición son idénticos, polo que dixo non estar dacordo coas declaracións das familias doutros desaparecidos como é o caso de Iván Durán.



relacionada ​Batida especial en Rianxo en la búsqueda de Diana Quer
relacionada ​La madre de Diana confirma que encontraron en casa el short que llevaba el día de su desaparición
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE