O Celta desperdicia a primeira metade do partido e perde 0-4 ante o Atlético
O Celta segue en posicións de descenso tras perder os tres primeiros partidos esta tempada.
A terceira xornada da liga entre Celta de Vigo e Atlético de Madrid, que tivo lugar hoxe en Balaídos, saldouse cun 0-4 para o Atlético, que chegaba co posto e marcha cunha vitoria que o sitúa nos 5 puntos. O Celta segue en posicións de descenso tres perder os tres primeiros partidos esta tempada.
O Atlético chegou a Balaídos xogándose moito, precisaba tres puntos para que non se lle escapase o liderato. O partido arrancou co Celta apretando e o marcador deu o final do primeiro tempo con ambos equipos a cero. O partido estaba nese punto moi disputado, pero as cousas cambiaron ao volver os dous equipos ao terreo de xogo.
O primeiro gol, de Koke, chegou no minuto 52 por sorpresa. Un cambio nos equipos no minuto 67 retirou a Carrasco no Atlético e entrou Correa e por parte do Celta foise Wass e entrou Rossi. O arxentino Correa apenas precisou dous minutos para gañarse a primeira amarela. O magnífico pase de Koke non foi suficiente para que Gameiro marcase, e acto seguido chegaron o segundo e o terceiro gol do Atlético do pé de Griezmann.
Xa no minuto 86 Rossi tentouno cun balón dentro da área pero o xute foi bloqueado pola defensa e a revancha veu da man de Correa, gracias a un semifallo de Koke e a pasividade da defensa do Celta. Os dous minutos engadidos tampouco lle valeron aos de Vigo para remontar, ou para marcar ao menos o gol de honor.
Queda a intriga de que lle diría Cholo aos xogadores do Atlético no descanso, pero está claro que surtíu efecto.
Escribe tu comentario