#Claves de la semana

Beiras insta a "desprazar a mafia de San Caetano" o 25S

No primeiro dos seus encontros coa cidadanía no Carballiño, En Marea animou a liderar unha "batalla moral" contra o PP.


|


Carballioenmarea


En Marea inicia a súa caravana en Ourense, provincia que "evidencia a despreocupación do PP con Galicia" representada polo "señor feudal" Baltar

O portavoz nacional de Anova e histórico líder do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras, ve a En Marea a "infantería" nunha "batalla ética e moral" contra os "exércitos despóticos" do Partido Popular, liderada por un candidato, Luís Villares, que "loitou polos cidadáns desde a maxistratura" e que o 25 de setembro aspira a "desprazar á mafia de San Caetano".

En Marea celebrou o primeiro dos seus "encontros coa cidadanía" previstos para este sábado.


Foi no Carballiño (Ourense) coa presenza de ao redor dunhas 150 persoas, no inicio da súa caravana electoral tras a cancelación dos actos do venres en sinal de condolencia coas vítimas do accidente ferroviaria do Porriño.

O partido instrumental escolleu Ourense para arrincar a súa campaña, unha provincia que, en palabras de Villares, "evidencia a despreocupación do PP con Galicia" á que acode Feijóo "a pasear de ganchete" co "señor feudal" Xosé Manuel Baltar, presidente da Deputación, quen "segue practicando o dereito de pernada".

Ademais do portavoz de Anova, que se desculpou polas súas dificultades para "espertar" polas mañás ("Pondal debía de estar a pensar na miña cando escribiu aquilo de 'esperta do teu sono'", indicou Beiras); Villares estivo acompañado pola cabeza de lista por Ourense, Ánxeles Cuña, e o número dous pola provincia e exalcalde Manzaneda, David Rodríguez.

relacionada Apertura de campaña y fiesta de cumpleaños para Feijóo
relacionada Rajoy y Sánchez se desplazan a Galicia para arropar a sus candidatos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE